A permutas de fincas iniciadas en Friol estendéronse por toda Galicia. O modelo, que agrupa só as parcelas de particulares interesados, xa está en marcha noutras zonas da provincia de Lugo, A Coruña e Pontevedra. En cada un deles, coa Xunta, interveñen os respectivos grupos de desenvolvemento local (GDR), que se sumaron a esta iniciativa como colaboradores.