permutas

Onte en Friol tivo lugar a constitución da mesa técnica do proxecto de cooperación “Ordenación territorial da terra agraria a través do sistema de PERMUTAS” no que participan o G.D.R. “Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes”, o GDR Comarca de Lugo e o GDR Pontevedra Norte.

Na reunión participaron o subdirector de mobilidade de terras da AGADER, notari@s e rexistrador@s da propiedade de Ordes, Lalín e Lugo e técnicos dos tres GDR participantes no proxecto.

A mesa técnica ten por obxecto poñer en común distintos puntos de vista de diferentes actores implicados no procedemento de permutas agrarias de carácter voluntario, así como a proposta de posibles melloras na tramitación desta figura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas