![](http://permutasagrarias.com/wp-content/uploads/2023/08/L01F3095.webp)
Existe un modelo de agrupación de explotacións relacionadas coa agricultura e a gandaría máis cómodo, máis áxil e máis económico que as concentracións parcelarias. As permutas son unha figura recollida na Lei de Recuperación das Terras Agrarias, pero Friol foi o concello que as puxo en práctica por primeira vez en Galicia. O modelo medrou no municipio, onde xa se está a realizar unha segunda fase, e estendeuse a outros.