permutas

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo coordina un proxecto de cooperación xunto co GDR Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e GDR Terras de Pontevedra Norte para unha ordenación territorial do solo agrario a través do sistema de permutas.

Hoxe celebrouse no concello de Friol a presentación do novo proxecto de cooperación, na que se localiza unha das zonas implicadas no proxecto inicial de permutas. No acto estiveron presentes o conselleiro de Medio Rural, José González, así como varios representantes da Consellería, o presidente do GDR Comarca de Lugo e alcalde de Friol, José A. Santos, o alcalde de Outerio de Rei, José Pardo, a alcaldesa de Guntín, Maria José Gómez, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, o presidente do GDR Asdecomor e alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez, o presidente do GDR Pontevedra Norte e alcalde de Lalín, José Crespo, así como diferentes colaboradores técnicos do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas