permutas

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra Norte é unha asociación sen ánimo de lucro creada en Lalín en agosto de 2008 por representantes de entidades, colectivos e institucións dedicadas á dinamización e desenvolvemento socioeconómico dun territorio marcado polo rural.

A súa función é ofrecer asesoramento personalizado para a posta en marcha de proxectos promovidos por emprendedores como entidades non lucrativas de carácter social que queren iniciar unha actividade ou poñer en marcha un proxecto.

Os concellos que o forman son Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Lalín, Silleda, A Estrada, Forcarei.

A Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes é unha entidade sen ánimo de lucro formada por un grupo representativo de institucións e axentes socioeconómicos da Comarca de Ordes.

Naceu en 2001 coa finalidade de xestionar iniciativas e programas de Desenvolvemento Rural, tendo implementado no seu territorio de actuación a Iniciativa Comunitaria Leader +, o programa Leader 2007-2013, e colaborando actualmente na medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020.

O seu ámbito territorial abrangue os Concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Son a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Rexión de Lugo, constituída o 3 de xuño de 2016 e aberta a integrar calquera outra entidade asociativa que comparta os seus fins.

A vocación é implementar o desenvolvemento rural do territorio como promotor de todo tipo de proxectos que fortalezan a rexión.

Ademais, ao estar constituídos como Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR-04), tamén son o axente encargado de xestionar os fondos LEADER no territorio, xunto coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Xunta de Galicia.

O ámbito de actuación da Comarca de Lugo está formado polos Concellos de Friol, Rábade, Outeiro de Rei, Castroverde, Guntín, O Corgo e a área rural do Concello de Lugo.