permutas

Os veciños de Cabanelas reivindican o valor estético, cultural e histórico desta aldea estradense, revertindo a tendencia ao despoboamento marcada nos últimos anos.

A aldea de Cabanelas, pertencente á parroquia estradense de Liripio, organizou unha xornada cultural para reivindicar a cultura e a identidade da vila.

Froito do proxecto do GDR Terras de Pontevedra Norte, para reagrupar terras a partir de permutas voluntarias, os veciños comezaron a reunirse todas as mañás para recoller anécdotas e tradicións. Facíano chamados polo son do bucio, unha gran cuncha que usaban para comunicarse noutras situacións.

Esta iniciativa agarda ser o inicio doutras propostas para poñer en valor a vila.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas