permutas

A Estrada apúntase á parcelaria exprés, unha forma coloquial de referencia á ordenación territorial da terra a través do sistema de permutas, ou o que sería o mesmo, unha fórmula pensada para intentar simplificar e reducir no tempo o sistema tradicional de concentración parcelaria. En Cabanelas, na parroquia estradense de Liripio, os veciños levaban tempo intentando conseguir este proceso para reorganizar as súas terras e parecen ter atopado a solución na iniciativa impulsada polo GDR Terras de Pontevedra Norte. Máis do 70% dos propietarios afectados manifestaron o seu interese en participar neste proxecto de ordenación territorial, pulverizando todas as previsións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas