permutas

A antiga escola unitaria de Cabanelas acolleu o pasado fin de semana a primeira reunión do proxecto coñecido como “Estudo e ordenación territorial da terra a través do sistema de permutas”. Trátase dunha iniciativa coa participación de tres grupos de desenvolvemento locais: ADR Comarca de Lugo, Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e ADR Pontevedra Norte. Este primeiro encontro contou cunha gran resposta por parte dos veciños, que puideron coñecer de primeira man un proxecto cun concepto semellante ao das parcelarias, pero moito máis áxil e sen grandes custos para os propietarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas