permutas

O proxecto de ordenación territorial da terra a través dun sistema de permutas que o Grupo de Desenvolvemento (GDR) de Pontevedra Norte quere poñer en marcha na aldea estradense de Cabanelas, na parroquia de Liripio, tivo unha acollida por parte dos veciños e propietarios que superou as expectativas dos organizadores. Nunha reunión mantida esta fin de semana no local social, un 70 % das persoas propietarias dos terreos afectados manifestaron o seu interese en participar neste proxecto. Un anuncio positivo, pero que obriga a buscar nova financiación para podela levar a cabo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas