permutas

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (Asdecomor) promove en Vilagudín, no concello de Ordes, a permuta de terras agrarias entre particulares. Para iso xa se celebrou unha primeira reunión e haberá outra en próximas datas; Dende Asdecomor valoran incorporar outra parroquia a este proxecto de cooperación con outros dous colectivos de desenvolvemento local (Pontevedra Norte e Comarca de Lugo). Este último foi o que probou con éxito o denominado modelo Friol, que acadou as 400 hectáreas de terreo trocado, nun proceso que permite gañar axilidade ante as concentracións parcelarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Relacionadas